Amosando publicacións coa etiqueta 21 días en galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 21 días en galego. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO: FESTA FINAL

Máis de 400 rapaces e rapazas dende 3º de Educación Primaria ata 2º de bacharelato, xuntáronse nos xardíns do Concello para a festa final da campaña dos 21 días en galego.


Houbo actuacións musicais en galego dende as 11:15 da mañá por parte da rapazada do IES As Barxas e o IES Paralaia.

Tras as actuacións do alumnado dos institutos, chegou o prato forte: os rapeiros de Ponteareas SON DA RÚA.


E para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, mirade que agasallo tan chulo por participar na campaña.

luns, 10 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os máis cativos do cole tamén están a participar na campaña 21 días en galego. Cada día o responsable abre a mochila do monstro para descubrir unha nova palabra en galego.
Despois toca formar a palabra coas letras magnéticas, contar cantas ten, pensar outras novas palabras con estes fonemas e tentar escribila na medida das súas posibilidades.





CANTAS PALABRAS NOVAS ESTÁN A APRENDER!

martes, 4 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO: XOGOS

  
Estes días estivemos xogando nas aulas cun xogos en galego moi divertidos: adiviñas, de que falo?, o xogo dos debuxos, cada ovella coa súa parella.
Moitas grazas ao blog da mestra Cris por compartir estes xogos tan chulos: