domingo, 17 de maio de 2020

Feliz día das Letras Galegas

Grazas a todos os que vos animastes a participar nesta pequena homenaxe ao autor Ricardo Carvalho Calero. Sen vós non sería posible facelo!!
Esperamos que vos guste!

mércores, 13 de maio de 2020

"As pitas baixo a choiva" tributo a Carvalho Calero dirixido ás crianzas

A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora ofrecen, de balde, un material audiovisual dirixido para alumnado desde os 3 ata os 12 anos, que sairía a luz pública o pasado 23 de febrero.
Agora, os promotores da iniciativa e Edicións Embora decidiron partillar este material para facelo chegar aos mestres, alumnado e familias.
Podedes gozar de todos estes materiais no seguinte enlace:

domingo, 10 de maio de 2020

Proposta Letras Galegas 2020

Xa se achega o Día das Letras Galegas!! Como sabedes, este ano está adicado ao escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero. Aínda que non estamos no cole para poder celebralo, imos intentar, entre todos, rendirlle unha pequena homenaxe. 
Aquí vai a proposta conxunta dos equipos de biblioteca e dinamización. 


A continuación tedes que premer no seguinte vídeo para poder acceder ao cuestionario de preguntas que os profes vos facemos. Serás capaz de respondelas todas? 


Para poder coñecer mellor a Carvalho Calero, unha alumna moi especial do noso cole fíxolle unha entrevista en exclusiva ao autor. Mirade, mirade!!