luns, 10 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os máis cativos do cole tamén están a participar na campaña 21 días en galego. Cada día o responsable abre a mochila do monstro para descubrir unha nova palabra en galego.
Despois toca formar a palabra coas letras magnéticas, contar cantas ten, pensar outras novas palabras con estes fonemas e tentar escribila na medida das súas posibilidades.





CANTAS PALABRAS NOVAS ESTÁN A APRENDER!

Ningún comentario:

Publicar un comentario