sábado, 23 de febreiro de 2019

mércores, 20 de febreiro de 2019

DÍA DA ÁRBORE

A clase de segundo foi a protagonista dunha plantación de árbores organizada polas Comunidades de Montes dentro do programa Aprende Moaña. Esta actividade, tradicional nas escolas do concello dende hai anos, convértese nunha xornada de convivencia entre todo o alumnado moañés. Este curso, o lugar escollido foi o entorno da Poza da Moura e gozaron da actuación do contacontos Anxo Moure.

venres, 1 de febreiro de 2019

21 DÍAS EN GALEGO

O CEIP Seara súmase á campaña de 21 días en galego, posta en marcha en colaboración co concello e con todos os centros de ensino de Moaña.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar.