venres, 14 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO: FESTA FINAL

Máis de 400 rapaces e rapazas dende 3º de Educación Primaria ata 2º de bacharelato, xuntáronse nos xardíns do Concello para a festa final da campaña dos 21 días en galego.


Houbo actuacións musicais en galego dende as 11:15 da mañá por parte da rapazada do IES As Barxas e o IES Paralaia.

Tras as actuacións do alumnado dos institutos, chegou o prato forte: os rapeiros de Ponteareas SON DA RÚA.


E para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, mirade que agasallo tan chulo por participar na campaña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario