venres, 28 de febreiro de 2020

ERRANTES POLO MUNDO


O pasado 24 de febreiro, foi o día de Rosalía de Castro. Como coincidiu coas vacacións de Entroido decidiuse adicarlle a Rosalía o xoves 27 e o venres 28. Este foi o resultado.
O alumnado de Educación Infantil achegouse a figura de Rosalía para coñecela un pouquiño mellor.
O alumnado de Educación Primaria uniuse á iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega de Errantes polo mundo.


martes, 25 de febreiro de 2020

venres, 21 de febreiro de 2020

O desfile de Entroido

Como é tradicional no noso centro o venres de Entroido saímos a desfilar por Moaña. No Palco da música masais, mexicanos, hindúes e xaponeses cantaron a súa murga. Aquí tedes un resumo:



venres, 14 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO: FESTA FINAL

Máis de 400 rapaces e rapazas dende 3º de Educación Primaria ata 2º de bacharelato, xuntáronse nos xardíns do Concello para a festa final da campaña dos 21 días en galego.


Houbo actuacións musicais en galego dende as 11:15 da mañá por parte da rapazada do IES As Barxas e o IES Paralaia.

Tras as actuacións do alumnado dos institutos, chegou o prato forte: os rapeiros de Ponteareas SON DA RÚA.


E para o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, mirade que agasallo tan chulo por participar na campaña.

mércores, 12 de febreiro de 2020

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


As clases de 1º,2º e 3º tiveron a sorte de coñecer ao mestre e escritor Antonio García Teijeiro. 


Leron, recitaron e incluso cantaron poemas do autor, principalmente do seu ultimo libro: Vento, ventiño, venteiro.




Aproveitando esta visita tan importante, alumnado de 5º entrevistou a García Teijeiro para Radio Seara:
Esta visita foi posible grazas a participación do centro por terceiro curso consecutivo no proxecto Faro da Escola.

luns, 10 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os máis cativos do cole tamén están a participar na campaña 21 días en galego. Cada día o responsable abre a mochila do monstro para descubrir unha nova palabra en galego.
Despois toca formar a palabra coas letras magnéticas, contar cantas ten, pensar outras novas palabras con estes fonemas e tentar escribila na medida das súas posibilidades.





CANTAS PALABRAS NOVAS ESTÁN A APRENDER!

venres, 7 de febreiro de 2020

ACHEGAMENTO A POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

A clase de segundo seleccionou na biblioteca algúns libros da extensa bibliografía de Antonio García Teijeiro para a aula.


Leron , copiaron e debuxaron os poemas que máis lles gustaron.


Tamén se atreveron a recitar e  inventaron algún pareado a partir dos versos de Teijeiro.

martes, 4 de febreiro de 2020

21 DÍAS EN GALEGO: XOGOS

  
Estes días estivemos xogando nas aulas cun xogos en galego moi divertidos: adiviñas, de que falo?, o xogo dos debuxos, cada ovella coa súa parella.
Moitas grazas ao blog da mestra Cris por compartir estes xogos tan chulos: