martes, 26 de marzo de 2019

VISITA LUDOTECA MUNICIPAL

Dentro do programa Aprende Moaña, promovido polo concello para todos os centros de ensino, os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de Educación Infantil, realizou visitas guiadas á ludoteca municipal. Que ben o pasaron!


VISITA Á AULA DE MÚSICA TRADICIONAL

Da man do Mestre gaiteiro Xabier Blanco o alumnado de 1º E.P. coñeceu a aula de música tradicional. Aquí tedes una mostra do que viron e escoitaron. Máis de un quedou coa boca aberta!

mércores, 13 de marzo de 2019

PACO CAMALEÓN


A Escola Municipal de Música ofreceu  o seu concerto anual aos escolares  de todos os centros educativos de  Moaña acompañados dunha gran variedade de instrumentos e unha proxección. 
A proposta deste ano: "PACO O CAMALEÓN" partiu da idea de explorar algúns dos diferentes estilos musicais que se poden escoitar por todo o mundo.
 O conto, con guión orixinal de María González, comeza así: "Paco Camaleón naceu en Madagascar. Pertencía a unha familia de camaleóns africanos emigrantes, que cruzaron o océano hai millóns de anos subidos en polas de baobabs." 
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."
Paco viaxará a diversos lugares do mundo nos que se atopará con outros animais e outras músicas. Así, visitará : Nova Iork, Cuba, New Orleans, Viena, China, Kenia, Berlín, Londres  e incluso chegará ata Galicia para coñecer a nosa muiñeira. Dende os máis pequenos de 3 anos ata os maiores de 3º, todos cantamos e bailamos con Paco Camaleón!!!






luns, 11 de marzo de 2019

sábado, 23 de febreiro de 2019

mércores, 20 de febreiro de 2019

DÍA DA ÁRBORE

A clase de segundo foi a protagonista dunha plantación de árbores organizada polas Comunidades de Montes dentro do programa Aprende Moaña. Esta actividade, tradicional nas escolas do concello dende hai anos, convértese nunha xornada de convivencia entre todo o alumnado moañés. Este curso, o lugar escollido foi o entorno da Poza da Moura e gozaron da actuación do contacontos Anxo Moure.