Amosando publicacións coa etiqueta Aprende Moaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aprende Moaña. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2020

Día da árbore

A clase de segundo foi a protagonista dunha plantación de árbores organizada polas Comunidades de Montes dentro do programa Aprende Moaña. Esta actividade, tradicional nas escolas do concello dende hai anos, convértese nunha xornada de convivencia entre todo o alumnado moañés que cursa segundo de primaria. Este curso, o lugar escollido foron os montes de Meira e gozaron da actuación do contacontos Anxo Moure.



martes, 21 de maio de 2019

BOSQUES DE RIBEIRA

Ao longo do curso non paramos de participar nas actividades propostas polo concello dentro da programación de Aprende Moaña. Esta vez foi a clase de 5º a que realizou unha andaina polo río da Fraga co obxectivo de descubrir que son os bosques de ribeira, que funcións cumpren e como son os da nosa comarca. Nesta saída guiada por un Técnico en Xestión Forestal e do Medio Rural observaron diferentes árbores e arbustos, fauna propia do ría e das ribeiras e tamén algún muíños. Ata tiveron a sorte de gozar dunha actuación musical á beira do río.

martes, 2 de abril de 2019

MONUMENTOS DE MOAÑA


O alumnado de 3º foi  pasear por Moaña para coñecer mellor os monumentos. O guía foi Lito Portela, escultor e pintor de Moaña, que conta con varias obras da súa autoría entre os monumentos da nosa vila.















martes, 26 de marzo de 2019

VISITA LUDOTECA MUNICIPAL

Dentro do programa Aprende Moaña, promovido polo concello para todos os centros de ensino, os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de Educación Infantil, realizou visitas guiadas á ludoteca municipal. Que ben o pasaron!


VISITA Á AULA DE MÚSICA TRADICIONAL

Da man do Mestre gaiteiro Xabier Blanco o alumnado de 1º E.P. coñeceu a aula de música tradicional. Aquí tedes una mostra do que viron e escoitaron. Máis de un quedou coa boca aberta!

mércores, 20 de febreiro de 2019

DÍA DA ÁRBORE

A clase de segundo foi a protagonista dunha plantación de árbores organizada polas Comunidades de Montes dentro do programa Aprende Moaña. Esta actividade, tradicional nas escolas do concello dende hai anos, convértese nunha xornada de convivencia entre todo o alumnado moañés. Este curso, o lugar escollido foi o entorno da Poza da Moura e gozaron da actuación do contacontos Anxo Moure.