mércores, 13 de marzo de 2019

PACO CAMALEÓN


A Escola Municipal de Música ofreceu  o seu concerto anual aos escolares  de todos os centros educativos de  Moaña acompañados dunha gran variedade de instrumentos e unha proxección. 
A proposta deste ano: "PACO O CAMALEÓN" partiu da idea de explorar algúns dos diferentes estilos musicais que se poden escoitar por todo o mundo.
 O conto, con guión orixinal de María González, comeza así: "Paco Camaleón naceu en Madagascar. Pertencía a unha familia de camaleóns africanos emigrantes, que cruzaron o océano hai millóns de anos subidos en polas de baobabs." 
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."
Paco viaxará a diversos lugares do mundo nos que se atopará con outros animais e outras músicas. Así, visitará : Nova Iork, Cuba, New Orleans, Viena, China, Kenia, Berlín, Londres  e incluso chegará ata Galicia para coñecer a nosa muiñeira. Dende os máis pequenos de 3 anos ata os maiores de 3º, todos cantamos e bailamos con Paco Camaleón!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario