Dentro do programa Aprende Moaña, promovido polo concello para todos os centros de ensino, os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de Educación Infantil, realizou visitas guiadas á ludoteca municipal. Que ben o pasaron!
martes, 26 de marzo de 2019
VISITA Á AULA DE MÚSICA TRADICIONAL
Da man do Mestre gaiteiro Xabier Blanco o alumnado de 1º E.P. coñeceu a aula de música tradicional. Aquí tedes una mostra do que viron e escoitaron. Máis de un quedou coa boca aberta!
mércores, 13 de marzo de 2019
PACO CAMALEÓN
A Escola Municipal de Música ofreceu o seu concerto anual aos escolares de todos os centros educativos de Moaña acompañados dunha gran variedade de instrumentos e unha
proxección.
A
proposta deste ano: "PACO O CAMALEÓN" partiu da idea de explorar algúns
dos diferentes estilos musicais que se poden escoitar por todo o mundo.
O conto, con guión orixinal de María González, comeza así: "Paco
Camaleón naceu en Madagascar. Pertencía a unha familia de camaleóns
africanos emigrantes, que cruzaron o océano hai millóns de anos subidos
en polas de baobabs."
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."
Paco viaxará a diversos lugares do mundo nos que se atopará con outros animais e outras músicas. Así, visitará : Nova Iork, Cuba, New Orleans, Viena, China, Kenia, Berlín, Londres e incluso chegará ata Galicia para coñecer a nosa muiñeira. Dende os máis pequenos de 3 anos ata os maiores de 3º, todos cantamos e bailamos con Paco Camaleón!!!

luns, 11 de marzo de 2019
venres, 8 de marzo de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)