luns, 16 de marzo de 2020

Salón do libro



 O salón do libro estaba previsto en Pontevedra do 6 ao 28 de marzo pero tivo que ser cancelado.



Para compensar a cancelación do salón do libro chega o Salón Virtual, onde teñen argalladas unha chea de cousiñas. Aquí poderedes ver algunhas das propostas que estaban programadas e moitas outras novas, creadas para levar da mellor maneira estes días de peche.

Todo vai saír ben



venres, 13 de marzo de 2020

Wangari e as árbores da paz

O xoves 12 de marzo tiñamos previsto acudir ao Centro Sociocultural Daniel Castelao ao concerto didáctico interpretado pola Escola Municipal de Música chamado "Wangari e as árbores da paz", onde se  narra a historia desta muller africana, loitadora incansable na defensa das mulleres e o medio ambiente,baseado no libro de Jeanette Winter, ed. Ekaré.  Todos e todas estabamos preparados para cantar, pero non puido ser.


Aquí vos deixo a canción que aprendestes para que poidades cantala na casa.






martes, 10 de marzo de 2020

Día da árbore

A clase de segundo foi a protagonista dunha plantación de árbores organizada polas Comunidades de Montes dentro do programa Aprende Moaña. Esta actividade, tradicional nas escolas do concello dende hai anos, convértese nunha xornada de convivencia entre todo o alumnado moañés que cursa segundo de primaria. Este curso, o lugar escollido foron os montes de Meira e gozaron da actuación do contacontos Anxo Moure.



luns, 9 de marzo de 2020

8M

Este curso para conmemorar o Día da muller, elaboramos un mural colaborativo. Cada alumno e alumna debuxou e pintou en depresores unha muller importante da súa vida e en Educación Infantil ademais pintaron un mural para poder pegar todos esas mulleres importantes na vida dos nenos e nenas.



Ademais cada aula escolleu unha ou varias mulleres aventureiras para investigar. As súas biografías quedaron plasmadas nestes bonitos murais.









mércores, 4 de marzo de 2020

CINEMA DE HISTORIAS

Recibimos a visita de Raquel Queizás co espectáculo Cinema de historias que mestura a narración co teatro e o cinema.





Alice Guy, a nai do cinema, será a que esperte a súa curiosidade pola sétima arte. Viaxamos no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas.

luns, 2 de marzo de 2020

RECHOUCHÍOS

Xa chegaron os rechouchíos para marzo e abril. Maxia, promoción da igualdader, contacontos, música, teatro e lingua de signos.