xoves, 2 de maio de 2019

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA


O Correlingua do Morrazo celebrouse este curso en Cangas. Participamos na marcha e bailamos coas actuacións de Ce Orquestra Pantasma e tamén Uxía Lambona e a Banda Molona.

martes, 23 de abril de 2019

Antón Fraguas

Materiais elaborados polo Seminario Galán arredor da vida e obra do autor homenaxeado polas Letras Galegas 2019.






venres, 12 de abril de 2019

luns, 8 de abril de 2019

Mareas vermellas



Visitounos no cole a científica do CSIC Pilar Riobó para falar das mareas vermellas. As súas explicacións foron moi científicas pero moi fáciles de entender para todos.

martes, 2 de abril de 2019

MONUMENTOS DE MOAÑA


O alumnado de 3º foi  pasear por Moaña para coñecer mellor os monumentos. O guía foi Lito Portela, escultor e pintor de Moaña, que conta con varias obras da súa autoría entre os monumentos da nosa vila.















Correlingua do Morrazo

Conta atrás para o Correlingua. 

martes, 26 de marzo de 2019

VISITA LUDOTECA MUNICIPAL

Dentro do programa Aprende Moaña, promovido polo concello para todos os centros de ensino, os días 25 e 26 de marzo, o alumnado de Educación Infantil, realizou visitas guiadas á ludoteca municipal. Que ben o pasaron!