sábado, 23 de febreiro de 2019

mércores, 20 de febreiro de 2019

DÍA DA ÁRBORE

A clase de segundo foi a protagonista dunha plantación de árbores organizada polas Comunidades de Montes dentro do programa Aprende Moaña. Esta actividade, tradicional nas escolas do concello dende hai anos, convértese nunha xornada de convivencia entre todo o alumnado moañés. Este curso, o lugar escollido foi o entorno da Poza da Moura e gozaron da actuación do contacontos Anxo Moure.

venres, 1 de febreiro de 2019

21 DÍAS EN GALEGO

O CEIP Seara súmase á campaña de 21 días en galego, posta en marcha en colaboración co concello e con todos os centros de ensino de Moaña.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar.


venres, 18 de xaneiro de 2019

REPORTEIROS EN ACCIÓN


Estrenámonos como xornalistas de noticieiros. Aínda temos moito que aprender pero a cousa non foi tan mal. Xa podedes ver o noso primeiro Caranvexornal.

venres, 21 de decembro de 2018

TRADICIÓNS DO NADAL

No mes de decembro aprendemos acerca das antigas tradicións do Nadal en Galicia. Aquí tedes unha mostra.

mércores, 5 de decembro de 2018

LEO,LEO,LEO,MEDRO,MEDRO,MEDRO...

Coma todos os cursos por estas datas, temos o pracer de difundir as guías de lectura elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo en colaboración cos centros educativos da comarca.
As recomendacións lectoras están cheas de novidades en lectura e música en galego. Hai para todas as idades: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e tamén para as familias.




A literatura e a música en galego sempre son un bo agasallo para o Nadal!!!