No Día Mundial do teatro unha obra para pasar o tempo "A galiña azul" por cortesía de Tanxarina Títeres.
Picando na imaxe poderás ver a obra
Sinopse
“Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Poñen ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.”
A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.
O texto de C. Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha divertida adaptación
Ficha artística
- Elenco: Eduardo Cunha “Tatán“ , Miguel Borines e Andrés Giráldez
- Escenografías e creación de bonecos: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA
- Música: Paco Martínez Barreiro
- Vestiario: Carlos Alonso
- Adaptación e dirección: Cándido Pazó
- Texto Orixinal: Carlos Casares
- Técnica: Diversas técnicas
- Duración: 50 minutos.