O alumnado de 1º e 2º tivo o pracer de asistir ao espectáculo teatral e musical "A nena e o grilo máis aló" no teatro de Afundación en Pontevedra.
Nesta nova creación, a nena e o grilo corren novas aventuras: esmagan sen querer a súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida topan cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.
Unha historia divertida que nos transporta ás viaxes máis emocionantes. A interpretación musical en directo acompaña a peza, e todas as composicións musicais son da autoría de Magín Blanco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario