venres, 20 de decembro de 2019

PANXOLIÑAS

Polo Nadal continuamos a viaxar polo mundo coñecendo diversas culturas a través de panxoliñas en diferentes linguas.
Os pequenos de E.I. cantan en inglés: We wish you a Merry Christmas.


1º e 2º cantan en italiano: Auguri di buon Natale.


3º en portugués: Chove


4º en éuskaro: Din dan don

5º en catalán: Caga tió

6º en francés: Vive le vent


E TODOS XUNTOS...


xoves, 19 de decembro de 2019

Visita de Oli





O alumnado de 5º estivo a ler "O libro dos porcos" e decidiron contactar co seu tradutor: o mestre Xosé Manuel González "Oli". 
Sabiades que no noso cole hai unha aula adicada a súa figura?





Investigaron sobre el, leron algúns dos seus libros e convidárono ao colexio para coñecelo un pouco máis facéndolle unha entrevista para Radio Seara.











martes, 17 de decembro de 2019

INVENTOS QUE CAMBIARON O MUNDO

En novembro, mes da ciencia, o alumnado de Seara investigou sobre diferentes inventos, a súa orixe, inventor ou inventora...

Cada invento ten asinado un número para que poidades localizar a súa orixe no mapa mundi. Para saber máis visitade a exposición no corredor da biblioteca.

xoves, 5 de decembro de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Un ano máis temos o pracer de dar difusión as guías de lectura elaboradas pola Coordinadora dos EDLG do Morrazo.


A finalidade é facer chegar a toda a comunidade educativa recomendacións de libros e música en galego para todas as idades. Atoparedes tres guías: infantil, primaria e educación secundaria e adultos.



As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos doce meses. Papá Noel e os Reis Magos atoparán aquí moitas ideas para os agasallos deste Nadal. 

Moitas grazas a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos polas súa fermosa ilustración.

martes, 3 de decembro de 2019

A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ



                                                                                                              O alumnado de 1º e 2º tivo o pracer de asistir ao espectáculo teatral e musical "A nena e o grilo máis aló" no teatro de Afundación en Pontevedra.


Nesta nova creación, a nena e o grilo corren novas aventuras: esmagan sen querer a súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida topan cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.


Unha historia divertida que nos transporta ás viaxes máis emocionantes. A interpretación musical en directo acompaña a peza, e todas as composicións musicais son da autoría de Magín Blanco.