xoves, 30 de maio de 2019

CANTA, MIÑA PEDRA, CANTA

Hoxe recibimos a visita de Charo Pita e Xoán Curiel con Canta, miña pedra, canta. O seu espectáculo combina as narracións tradicionais coas cantigas que Antonio Fraguas recolleu nas súas Aportacións ao cancioneiro de Cotobade. 
Todo o alumnado de 6ºE.I. ata 6ºE.P. recibiu, semanas antes da actuación, unha pequeña antoloxía de narracións tradicionais de Galicia, escolmadas por Henrique Harguindey e Maruxa Barrio titulada: O fillo do rei e outros contos. A súa lectura nas aulas permitiunos coñecer mellor o noso patrimonio lingüístico e literario.


venres, 24 de maio de 2019

Festival 2019

Aquí tedes una pequena mostra das nosas actuacións. Todos os nenos e nenas do cole lle puxeron moito cariño e unha gran dedicación.

martes, 21 de maio de 2019

BOSQUES DE RIBEIRA

Ao longo do curso non paramos de participar nas actividades propostas polo concello dentro da programación de Aprende Moaña. Esta vez foi a clase de 5º a que realizou unha andaina polo río da Fraga co obxectivo de descubrir que son os bosques de ribeira, que funcións cumpren e como son os da nosa comarca. Nesta saída guiada por un Técnico en Xestión Forestal e do Medio Rural observaron diferentes árbores e arbustos, fauna propia do ría e das ribeiras e tamén algún muíños. Ata tiveron a sorte de gozar dunha actuación musical á beira do río.

luns, 6 de maio de 2019

PROGRAMACIÓN RECHOUCHÍOS

Aquí está a programación dos Rechouchíos para maio e xuño.
A partir deste mes, todas as actuacións contarán cun intérprete en lingua de signos da Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia XOGA.


xoves, 2 de maio de 2019

PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA


O Correlingua do Morrazo celebrouse este curso en Cangas. Participamos na marcha e bailamos coas actuacións de Ce Orquestra Pantasma e tamén Uxía Lambona e a Banda Molona.