venres, 20 de decembro de 2019

PANXOLIÑAS

Polo Nadal continuamos a viaxar polo mundo coñecendo diversas culturas a través de panxoliñas en diferentes linguas.
Os pequenos de E.I. cantan en inglés: We wish you a Merry Christmas.


1º e 2º cantan en italiano: Auguri di buon Natale.


3º en portugués: Chove


4º en éuskaro: Din dan don

5º en catalán: Caga tió

6º en francés: Vive le vent


E TODOS XUNTOS...


xoves, 19 de decembro de 2019

Visita de Oli





O alumnado de 5º estivo a ler "O libro dos porcos" e decidiron contactar co seu tradutor: o mestre Xosé Manuel González "Oli". 
Sabiades que no noso cole hai unha aula adicada a súa figura?





Investigaron sobre el, leron algúns dos seus libros e convidárono ao colexio para coñecelo un pouco máis facéndolle unha entrevista para Radio Seara.











martes, 17 de decembro de 2019

INVENTOS QUE CAMBIARON O MUNDO

En novembro, mes da ciencia, o alumnado de Seara investigou sobre diferentes inventos, a súa orixe, inventor ou inventora...

Cada invento ten asinado un número para que poidades localizar a súa orixe no mapa mundi. Para saber máis visitade a exposición no corredor da biblioteca.

xoves, 5 de decembro de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Un ano máis temos o pracer de dar difusión as guías de lectura elaboradas pola Coordinadora dos EDLG do Morrazo.


A finalidade é facer chegar a toda a comunidade educativa recomendacións de libros e música en galego para todas as idades. Atoparedes tres guías: infantil, primaria e educación secundaria e adultos.



As guías están cheas de novidades e reedicións dos últimos doce meses. Papá Noel e os Reis Magos atoparán aquí moitas ideas para os agasallos deste Nadal. 

Moitas grazas a Esteban Acuña, de Tarabelos: títeres e contacontos polas súa fermosa ilustración.

martes, 3 de decembro de 2019

A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ



                                                                                                              O alumnado de 1º e 2º tivo o pracer de asistir ao espectáculo teatral e musical "A nena e o grilo máis aló" no teatro de Afundación en Pontevedra.


Nesta nova creación, a nena e o grilo corren novas aventuras: esmagan sen querer a súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida topan cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.


Unha historia divertida que nos transporta ás viaxes máis emocionantes. A interpretación musical en directo acompaña a peza, e todas as composicións musicais son da autoría de Magín Blanco. 


xoves, 28 de novembro de 2019

APRENDENDO SOBRE A COMPOSTAXE EN 1º E.P.

Dentro do Plan Revitaliza o alumnado de 1º recibiu a visita de Antón para participar na actividade "Posta en marcha do composteiro"

 Tamén aprenderon unha chea de cousas co Xogo da Miñoca

mércores, 27 de novembro de 2019

APRENDENDENDO SOBRE A COMPOSTAXE EN E.I.

Un ano máis, o noso centro está a participar no Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación de Pontevedra. Este plan trata de difundir a compostaxe nas escolas para concienciar da necesidade de tratar o lixo de xeito sostible e formar aos escolares no respecto ao Medio Ambiente. 


Esta vez foi a quenda do alumnado de E.I. que comezaron coa actividade "Ecocol e a compostaxe infantil". Coñeceron a Ecococol que levaba na súa cuncha todos os restos que se poden tirar no composteiro.
Aprenderon a importancia de reutilizar cousas que pensabamos tirar. Pódese facer maxia con elas!!!







TAMÉN RECIBIRON UN AGASALLO: UNHAS FABIÑAS PARA PLANTAR NA CLASE!!!

CULTURGAL 2019

Do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, o Culturgal presenta un completo programa de actividades nos diferentes escenarios: Carpa, Libro, Foro; Familiar, Audiovisual e Arte Contemporánea. Este ano o lema é: "Dalle unha volta á feira!"

luns, 25 de novembro de 2019

25 NOVEMBRO





Con motivo do 25 N, alumnado de Infantil e Primaria xuntáronse na radio para recitarnos a cantiga "Lela" de Castelao. Nesta cantiga tamén se basearon os murais da entrada e da exposición da biblioteca. 



venres, 15 de novembro de 2019

MAGOSTO NO IES A PARALAIA



Un ano máis, os nenos e nenas de 6.º tiveron a oportunidade de asistir a unha xornada de convivencia co alumnado do instituto ao que irán o próximo curso. Ademais de compartir castañas, participaron nun divertido obradoiro de adornos de Nadal.






CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

O xoves 14 de novembro foi o Día Mundial da Diabetes. O alumnado de 1º e 2º tivo a ocasión de aprender moito sobre esta enfermidade grazas ao contacontos de Raquel.



martes, 12 de novembro de 2019

5º E 6º VISITAN O PARLAMENTO DE GALICIA



Que mellor maneira de coñecer o labor das deputadas e deputados galegos que visitando O Pazo do Hórreo en Santiago!
Aprenderon unha chea de cousas sobre as funcións, organización e historia do Parlamento de Galicia.




venres, 8 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

"Ao mal tempo, boa cara" di o refrán e non quedou outra! 


 
Aínda que hoxe loce o sol para asar e degustar as nosas castañas, as chuvias acumuladas nos últimos días non nos prermitiron realizar os xogos tradicionais no patio.



Foi unha mágoa, pero non nos quedamos sen encher o bandullo co noso froito de outono preferido.

mércores, 6 de novembro de 2019

O SONORO EMPEÑO


O alumnado de 1º e 2º desprazouse a Vigo para participar na actividade de Afundación: As catro estacións da arte e da música. Trátase dunha interesante exposición coa que vivir en directo obras de Kandinsky, Castelao, Urbano Lugrís, Seoane e Xaime Quesada entre outros artistas nacionais e internacionais. Todo o percorrido trata a confluencia entre música e pintura a través da interpretación pictórica da música.

luns, 4 de novembro de 2019

RECHOUCHÍOS

Chegou a nova programación dos rechouchios para novembro e decembro chea de contos e música.

xoves, 31 de outubro de 2019

CONTACONTOS SAMAÍN


O alumnado de E.P. visitou a biblioteca para gozar dunha sesión de contacontos da nosa compañeira Olalla González. 

Pasarono de medo!!!




mércores, 30 de outubro de 2019

SAMAÍN


Grazas ás familias un ano máis por decorar estas cabazas tan terroríficas. 

Que chulos quedaron o Pazo de Seara e os corredores!
En 1º estiveron investigando sobre a celebración do Samaín noutras partes do mundo.




O alumnado de 5º  decidiu celebrar o Samaín regueifando na radio ao máis puro estilo tradicional galego. 

O resultado non podía ser máis chulo! 





luns, 28 de outubro de 2019

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS DO MORRAZO

En E.I. recibiron a visita de Chispa e Sara, dúas cadeliñas que foron adoptadas por novas familias depois de seren abandonadas.

 Dúas rapazas que traballan na Protectora de Animais do Morrazo explicaron a importancia de coidar moi ben as mascotas e o traballo diario que teñen que facer cos canciños.
MOITAS GRAZAS Á PROTECTORA POLA LABOR QUE FACEDES E POR COMPARTILO CON NÓS.

Esta é a súa web: www.morrazocan.com/


RECEITAS DO MUNDO

A Ecopatrulla de 2º recolleu unha berenxena do invernadoiro. Que podían cociñar para probala toda a clase?









Decidiron cociñar Baba Ganoush ou Mutabal: unha receita típica de países árabes tales como Siria, Líbano, Marrocos e Exipto, entre outros.



Estaba boísimo!!! Aquí vos deixamos a receita que eles mesmos escribiron.









martes, 15 de outubro de 2019

Visita de Malibú

Hoxe recibimos a visita dunha cadeliña moi especial. Acompañada do persoal da granxa Xanceda, Malibú percorre os colexios de toda Galicia educando aos máis pequenos na tenencia responsable de animais.
Malibú está segura de que a educación en valores é moi importante para que os futuros donos de animais sexan responsables e por tanto conseguir erradicar o abandono. Esta cadeliña converteuse no símbolo da loita contra abandono, e en cada clase loita por fomentar a adopción de animais abandonados, educando na solidariedade e no respecto aos animais.
Ademais de aprender moitas cousas acerca de como coidar e tratar as nosas mascotas, recibimos un diploma e unha calcomanía moi chulos.



xoves, 10 de outubro de 2019

MOZAMBIQUE

O alumnado de 4º e 5º recibiu a visita do economista mozambicano Onofre Muianga que se atopa estes días en Moaña observando como se leva a cabo a xestión económica co Concello. Onofre fixo una presentación sobreo seu país, contestou as preguntas dos nenos e gravou una entrevista para Radio Seara.