xoves, 30 de abril de 2020

mércores, 22 de abril de 2020

Todo o día na casiña

Unha canción de corentena composta por Magín Blanco, na que participan as voces de Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, María Faltri, Paula Romero e María Costa. A responsable da coidada animación é Luz Beloso.


Gozade dela e moito ánimo, que xa queda menos para que as máis cativos poidan saír á rúa.

mércores, 15 de abril de 2020

Blog de lecturas en galego

Dende a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo achegan este interesantísimo blog cunha gran variedade de lecturas en galego.

luns, 13 de abril de 2020

Radio Picariña

Coñeces Radio Picariña?

É a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega, onde podes atopar  centos de cancións para o público infantil e xuvenil. Ofrécelles aos usuarios a posibilidade de seleccionar a música que desexen escoitar navegando por toda a listaxe de cancións. Isto pode facerse dende o PC ou desde os dispositivos móviles, xa que Radio Picariña pode escoitarse en radiogalega.gal, na aplicación CRTVG e en RadioPlayer España.