venres, 30 de novembro de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO


O alumnado de primaria buscou noticias de ciencia nos xornais coas que elaboraron murais. 


Os maiores de 6º animáronse a elaborar una liña do tempo coas noticias científicas máis importantes da historia da humanidade.











mércores, 28 de novembro de 2018

O MUNDO DE INHO


O mundo de inho todos from NoeliaVentosinosBast

O alumnado de 5º e 6º participou nun Obradoiro de Portugués impartido no centro por AGAL (Asociación Galega da Lingua). Este Obradoiro ten por obxectivo xeral amosarlle ao alumnado diferentes claves culturais do mundo lusófono, ademais de facerlle descubrir a facilidade para leren textos en portugués a partir do coñecemento do galego. Estes son algúns dos materiais que empregaron.

domingo, 25 de novembro de 2018

venres, 16 de novembro de 2018

MAGOSTO NO INSTITUTO




O alumnado de 6º participou un curso máis no magosto do IES A Paralaia. Nesta xornada de convivencia co alumnado do instituto e de diferentes centros educativos de Moaña, elaboraron carteis relacionados co día da non violencia. Estes carteis, rotaron posteriormente polos diferentes centros que participaron desta xornada, converténdose nunha exposición itinerante.










luns, 5 de novembro de 2018

mércores, 31 de outubro de 2018

SAMAÍN


Polo Samaín dende a biblioteca  xurdiu o primeiro reto xornalístico: entrevistar aos avós e avoas para saber como se pasaban antes estas datas. Descubrimos diversos costumes e tradicións arredor do Samaín e do día de Defuntos.
Desta proposta saíron entrevistas en vídeo, entrevistas gravadas en audio coma auténticos xornalistas radiofónicos e tamén entrevistas por escrito. No blog da nosa biblioteca podedes ver, escoitar e ler todas e las. Aquí tedes os enlaces:

VÍDEOS:
http://ceipseara.blogspot.com/2018/11/videos-polo-samain-entrevistamos-aos.html

AUDIOS:
TEXTOS:

Tamén vos deixamos un vídeo para que cantedes e bailedes de medo.


luns, 17 de setembro de 2018

OS BOLECHAS EN MOAÑA

Visitamos a carpa dos bolechas coa actividade " Gatiños, ghatiñas e gatíos. Xeitos de falarmos galego". Falamos, escoitamos, saltamos, corremos, pintamos... ao mesmo tempo que coñecemos a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de toda Galicia.