Dende a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo achegan este interesantísimo blog cunha gran variedade de lecturas en galego.
mércores, 15 de abril de 2020
luns, 13 de abril de 2020
Radio Picariña
Coñeces Radio Picariña?
É a primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio Galega, onde podes atopar centos de cancións para o público infantil e xuvenil. Ofrécelles aos usuarios a posibilidade de seleccionar a música que desexen escoitar navegando por toda a listaxe de cancións. Isto pode facerse dende o PC ou desde os dispositivos móviles, xa que Radio Picariña pode escoitarse en radiogalega.gal, na aplicación CRTVG e en RadioPlayer España.
mércores, 8 de abril de 2020
A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro
A Real Academia Galega acordou pospoñer o pleno extraordinario e público do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) ante a situación provocada pola pandemia da COVID-19. A sesión mantense no lugar previsto, o teatro Jofre de Ferrol, pero trasladarase do domingo 17 de maio ao sábado 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do nacemento do homenaxeado. De igual xeito, os demais actos presenciais que a institución tiña previsto celebrar nas vésperas e nas datas posteriores ao Día das Letras Galegas terán lugar á volta do verán.
O cambio de data desta e doutras iniciativas pretende tamén prolongar a celebración do Ano Carballo Calero ao longo do último cuadrimestre deste 2020, procurando minimizar o impacto desta situación de emerxencia na celebración da gran festa da cultura galega.
Malia os cambios no calendario de actividades presenciais arredor do Día das Letras Galegas, a RAG quere que o 17 de maio sexa igualmente unha gran celebración colectiva, e fai un chamamento a toda a cidadanía galega para que sexa así valéndose das posibilidades do mundo dixital que tanto se están a aproveitar nestes tempos de obrigado afastamento social.
Tendo en conta o impacto que pode estar a ter a suspensión das clases presenciais no desenvolvemento de parte dos proxectos escolares dedicados a Ricardo Carballo Calero, a RAG ampliará ata despois do outono o prazo de participación no concurso Contádenos o voso Día das Letras –convocado ao abeiro do proxecto Primavera das Letras– e anima o profesorado a que, alén de promover accións virtuais nas vésperas do propio 17 de maio, estenda as iniciativas arredor da figura e a obra do homenaxeado ao primeiro trimestre do curso próximo.
xoves, 2 de abril de 2020
Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo
A ONU instaurou en 2007 o 2 abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de poñer en relevo a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade.
Este ano preténdese transmitir a importancia do acceso a unha educación e traballo de calidade do colectivo TEA.
COMO PODO PARTICIPAR?
Debuxando, coloreando e pintando mans sostendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades de cada persoa e compartíndoo nas vosas fiestras e balcóns.
Algunhas ideas:
venres, 27 de marzo de 2020
Día Mundial do teatro
No Día Mundial do teatro unha obra para pasar o tempo "A galiña azul" por cortesía de Tanxarina Títeres.
Picando na imaxe poderás ver a obra
Sinopse
“Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Poñen ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.”
A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.
O texto de C. Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha divertida adaptación
Ficha artística
- Elenco: Eduardo Cunha “Tatán“ , Miguel Borines e Andrés Giráldez
- Escenografías e creación de bonecos: Pablo Giráldez “Pastor“ e TANXARINA
- Música: Paco Martínez Barreiro
- Vestiario: Carlos Alonso
- Adaptación e dirección: Cándido Pazó
- Texto Orixinal: Carlos Casares
- Técnica: Diversas técnicas
- Duración: 50 minutos.
venres, 20 de marzo de 2020
Día da poesía
Hoxe é o día mundial da poesía. Como non podemos conmemoralo no colexio vos deixamos varios recursos de AULAS GALEGAS. Picando en cada imaxe poderás accedar ao recurso.
ADIVIÑA O POEMA
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO E ROSALÍA
mércores, 18 de marzo de 2020
Aulas galegas
Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.
Aulas galegas nace para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















