mércores, 27 de novembro de 2019

CULTURGAL 2019

Do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, o Culturgal presenta un completo programa de actividades nos diferentes escenarios: Carpa, Libro, Foro; Familiar, Audiovisual e Arte Contemporánea. Este ano o lema é: "Dalle unha volta á feira!"

luns, 25 de novembro de 2019

25 NOVEMBRO





Con motivo do 25 N, alumnado de Infantil e Primaria xuntáronse na radio para recitarnos a cantiga "Lela" de Castelao. Nesta cantiga tamén se basearon os murais da entrada e da exposición da biblioteca. 



venres, 15 de novembro de 2019

MAGOSTO NO IES A PARALAIA



Un ano máis, os nenos e nenas de 6.º tiveron a oportunidade de asistir a unha xornada de convivencia co alumnado do instituto ao que irán o próximo curso. Ademais de compartir castañas, participaron nun divertido obradoiro de adornos de Nadal.






CONTACONTOS CON RAQUEL QUEIZÁS

O xoves 14 de novembro foi o Día Mundial da Diabetes. O alumnado de 1º e 2º tivo a ocasión de aprender moito sobre esta enfermidade grazas ao contacontos de Raquel.



martes, 12 de novembro de 2019

5º E 6º VISITAN O PARLAMENTO DE GALICIA



Que mellor maneira de coñecer o labor das deputadas e deputados galegos que visitando O Pazo do Hórreo en Santiago!
Aprenderon unha chea de cousas sobre as funcións, organización e historia do Parlamento de Galicia.




venres, 8 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

"Ao mal tempo, boa cara" di o refrán e non quedou outra! 


 
Aínda que hoxe loce o sol para asar e degustar as nosas castañas, as chuvias acumuladas nos últimos días non nos prermitiron realizar os xogos tradicionais no patio.



Foi unha mágoa, pero non nos quedamos sen encher o bandullo co noso froito de outono preferido.

mércores, 6 de novembro de 2019

O SONORO EMPEÑO


O alumnado de 1º e 2º desprazouse a Vigo para participar na actividade de Afundación: As catro estacións da arte e da música. Trátase dunha interesante exposición coa que vivir en directo obras de Kandinsky, Castelao, Urbano Lugrís, Seoane e Xaime Quesada entre outros artistas nacionais e internacionais. Todo o percorrido trata a confluencia entre música e pintura a través da interpretación pictórica da música.