A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora ofrecen, de balde, un material audiovisual dirixido para alumnado desde os 3 ata os 12 anos, que sairía a luz pública o pasado 23 de febrero.
Agora, os promotores da iniciativa e Edicións Embora decidiron partillar este material para facelo chegar aos mestres, alumnado e familias.
Podedes gozar de todos estes materiais no seguinte enlace:
Xa se achega o Día das Letras Galegas!! Como sabedes, este ano está adicado ao escritor e profesor Ricardo Carvalho Calero. Aínda que non estamos no cole para poder celebralo, imos intentar, entre todos, rendirlle unha pequena homenaxe.
Aquí vai a proposta conxunta dos equipos de biblioteca e dinamización.
A continuación tedes que premer no seguinte vídeo para poder acceder ao cuestionario de preguntas que os profes vos facemos. Serás capaz de respondelas todas?
Para poder coñecer mellor a Carvalho Calero, unha alumna moi especial do noso cole fíxolle unha entrevista en exclusiva ao autor. Mirade, mirade!!
Vídeo realizado polo mestre David Rial do Colexio San Pío X de Ourense co alumnado de 5º de Educación Primaria a partir dos textos e información do Seminario Galán e coas ilustracións de Carlos Gallego Domínguez.
Neste colexio de Ourense tamén fixeron un xogo de comprensión para repasar aspectos fundamentais do autor. Chámase Don Ridardo e simula unha partida de dardos. Clica na imaxe para acceder.