xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ

No Día da Paz continuamos a viaxar polo mundo e aprendendo a respectar a diversidade.

Estas son as cancións seleccionadas para este ano:

- O mundo é grande de Mamá Cabra.
-Hello to all the children of the world.

Aquí tedes os vídeos orixinais coa letra para cantar:
O tempo non acompañou neste día e non foi posible cantar e bailar todos xuntos. Estiveron un pouco máis apretadiños pero fixérono moi ben. Aquí tedes unha mostra:

CARANVEXORNAL

Un curso máis colaboramos con Caranvexo TV, a televisión escolar de Moaña,  pensada como un proxecto colectivo para vincular aos diferentes centros educativos deste concello.
A través desta plataforma dinamízase o uso oral do galego ao tempo que o alumnado pode producir contidos e crear espazos de comunicación na nosa lingua.
Xa podedes ver o noso primeiro Caranvexornal deste curso.


martes, 28 de xaneiro de 2020

APRENDENDO SOBRE A COMPOSTAXE EN 3º E.P.

Dentro do Plan Revitaliza o alumnado de 3º recibiu na súa aula a Manolo para impartir unha charla de achegamento ao tema do lixo doméstico (tipoloxía, volume, precaucións).


Aprenderon moitas cousas acerca da xestión deste lixo e o seu tratamento.





luns, 27 de xaneiro de 2020

APRENDENDO SOBRE A COMPOSTAXE EN 2º E.P.

Dentro do Plan Revitaliza o alumnado de 2º participou na actividade: "Quen vive aí?

Cunhas mostras de compost e coa axuda de sinxelos capturadores de fauna, buscamos diferentes bechiños presentes no composteiro.
Grazas ás lupas e ao microscopio puidemos identificar  aos diferentes invertebrados e coñecelos máis polo  miúdo.



21 días en galego