venres, 30 de novembro de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO


O alumnado de primaria buscou noticias de ciencia nos xornais coas que elaboraron murais. 


Os maiores de 6º animáronse a elaborar una liña do tempo coas noticias científicas máis importantes da historia da humanidade.











mércores, 28 de novembro de 2018

O MUNDO DE INHO


O mundo de inho todos from NoeliaVentosinosBast

O alumnado de 5º e 6º participou nun Obradoiro de Portugués impartido no centro por AGAL (Asociación Galega da Lingua). Este Obradoiro ten por obxectivo xeral amosarlle ao alumnado diferentes claves culturais do mundo lusófono, ademais de facerlle descubrir a facilidade para leren textos en portugués a partir do coñecemento do galego. Estes son algúns dos materiais que empregaron.

domingo, 25 de novembro de 2018

venres, 16 de novembro de 2018

MAGOSTO NO INSTITUTO




O alumnado de 6º participou un curso máis no magosto do IES A Paralaia. Nesta xornada de convivencia co alumnado do instituto e de diferentes centros educativos de Moaña, elaboraron carteis relacionados co día da non violencia. Estes carteis, rotaron posteriormente polos diferentes centros que participaron desta xornada, converténdose nunha exposición itinerante.










luns, 5 de novembro de 2018