luns, 17 de setembro de 2018

OS BOLECHAS EN MOAÑA

Visitamos a carpa dos bolechas coa actividade " Gatiños, ghatiñas e gatíos. Xeitos de falarmos galego". Falamos, escoitamos, saltamos, corremos, pintamos... ao mesmo tempo que coñecemos a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de toda Galicia.


 





















mércores, 12 de setembro de 2018

COMUNICANDO EN SEARA

Este curso, a través do noso proxecto de centro, traballaremos os medios de comunicación: televisión, prensa, radio ... Ímonos converter en auténticos xornalistas ao tempo que dinamizamos e melloramos a nosa expresión oral e escrita en galego.