No mes de decembro aprendemos acerca das antigas tradicións do Nadal en Galicia. Aquí tedes unha mostra.
venres, 21 de decembro de 2018
mércores, 5 de decembro de 2018
LEO,LEO,LEO,MEDRO,MEDRO,MEDRO...
Coma todos os cursos por estas datas, temos o pracer de difundir as guías de lectura elaboradas pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo en colaboración cos centros educativos da comarca.
As recomendacións lectoras están cheas de novidades en lectura e música en galego. Hai para todas as idades: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e tamén para as familias.
A literatura e a música en galego sempre son un bo agasallo para o Nadal!!!
venres, 30 de novembro de 2018
MES DA CIENCIA EN GALEGO
mércores, 28 de novembro de 2018
O MUNDO DE INHO
O mundo de inho todos from NoeliaVentosinosBast
O alumnado de 5º e 6º participou nun Obradoiro de Portugués impartido no centro por AGAL (Asociación Galega da Lingua). Este Obradoiro ten por obxectivo xeral amosarlle ao alumnado diferentes claves culturais
do mundo lusófono, ademais de facerlle descubrir a facilidade para leren textos
en portugués a partir do coñecemento do galego. Estes son algúns dos materiais que empregaron.
domingo, 25 de novembro de 2018
venres, 16 de novembro de 2018
MAGOSTO NO INSTITUTO
O alumnado de 6º participou un curso máis no magosto do IES A Paralaia. Nesta xornada de convivencia co alumnado do instituto e de diferentes centros educativos de Moaña, elaboraron carteis relacionados co día da non violencia. Estes carteis, rotaron posteriormente polos diferentes centros que participaron desta xornada, converténdose nunha exposición itinerante.
luns, 5 de novembro de 2018
mércores, 31 de outubro de 2018
SAMAÍN
Polo Samaín dende a biblioteca xurdiu o primeiro reto xornalístico: entrevistar aos avós e avoas para saber como se pasaban antes estas datas. Descubrimos diversos costumes e tradicións arredor do Samaín e do día de Defuntos.
Desta proposta saíron entrevistas en vídeo, entrevistas gravadas en audio coma auténticos xornalistas radiofónicos e tamén entrevistas por escrito. No blog da nosa biblioteca podedes ver, escoitar e ler todas e las. Aquí tedes os enlaces:
VÍDEOS:
Tamén vos deixamos un vídeo para que cantedes e bailedes de medo.
luns, 17 de setembro de 2018
OS BOLECHAS EN MOAÑA
mércores, 12 de setembro de 2018
COMUNICANDO EN SEARA
Este curso, a través do noso proxecto de centro, traballaremos os medios de comunicación: televisión, prensa, radio ... Ímonos converter en auténticos xornalistas ao tempo que dinamizamos e melloramos a nosa expresión oral e escrita en galego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)